Metodoloxía

O programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña aplica unha metodoloxía baseada no “Deseño para todos”, onde o alumnado recibe ensinanza a través de estratexias que se adecúan a súa forma de aprendizaxe, creando un plano de traballo individualizado centrado na persoa e con acompañamento permanente.

Espazo Compartido pretende que as persoas con discapacidade cognitiva participen plenamente na comunidade e do espírito universitario, co propósito de fomentar o desenvolvemento da súas capacidades e favorecer a adquisición de habilidades socio laborais básicas.

O equipo docente está conformado por especialistas con experiencia contrastada no ámbito da atención a persoas con discapacidade e atención á diversidade.

Programa académico

As clases desenvólvense de maneira presencial no Campus Elviña da Universidade da Coruña, distribuíndose entre a Facultade de Ciencias da Educación e o Edificio de Servizos Centrais de Investigación.

O programa consta de dous cursos e o proceso de admisión no programa será de carácter bienal . Cada curso desenvolverase ao longo de 36 semanas, iniciándose no mes de setembro e estará dividido en dous cuadrimestres.

As clases están formadas por contidos teórico-prácticos que imparten dous docentes dentro da mesmo aula e que acompañan ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe durante todo o curso académico. Desenvolveranse en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres e, durante as tardes levaranse a cabo titorías de apoio tanto para o alumnado como para as familias.

A estrutura detallada do programa é a seguinte:

I Curso

PRIMER CUADRIMESTRE

  • Inclusión Universitaria – Dar a coñecer o contexto universitario e as sinerxias que se desenvolvan no seus espazos de aprendizaxe.
  • Reflexión e autoaprendizaxe – Potenciar o autocoñecemento, a motivación e a superación. Reforzar a capacidade para identificar os obstáculos a través da participación.
  • Desenvolvemento Persoal I – Analizar o concepto que cada persoa ten de sí mesma e analizar os aspectos de mellora ata conseguir o empoderamento persoal.
  • Matemáticas I – Sentar as bases dos coñecementos matemáticos básicos e o seu emprego na vida diaria.
  • Preparación para o emprego I – Analizar as capacidades e intereses individuais e fomentar a busca de perfiles profesionais axeitados ao perfil persoal.
  • Novas Tecnoloxías  I – Sentar as bases do emprego das novas tecnoloxías como ferramentas laborais. Aprender a discriminar entre o uso persoal e profesional da tecnología.

SEGUNDO CUADRIMESTRE

  • Desenvolvemento Persoal II – Potenciar e fortalecer a autoestima e traballar en procesos de relacións sociais tanto persoais como profesionais.
  • Habilidades Comunicativas I – Sentar as bases da comunicación verbal e non verbal en función dos distintos contextos comunicativos.
  • Matemática II – Traballar con operacións aritméticas básicas, fomentando a atención, a memoria e a capacidade de aplicar as matemáticas ao exercicio laboral.
  • Novas Tecnoloxías II – Aplicar as novas tecnoloxías no ámbito laboral. Uso de internet como mecanismo autoformativo.
  • Preparación para o emprego II – Identificar a motivación profesioal, as ferramentas para un bo desempeño laboral e a utilización da comunicación no entorno laboral. Coñecemento da normativa laboral e os canais de emprego.
  • Análises de experiencias prácticas – Analizar a experiencia práctica realizada e identificar os puntos fortes e os débiles. Crear un plano de mellora persoalizado.

EXPERIENCIAS PRÁCTICAS EN SERVIZOS DA UDC

Durante o segundo cuadrimestre, o alumnado realizará prácticas en diferentes servizos da Universidade da Coruña durante 4 semanas, cunha dedicación de 25 horas semanais, realizando un total de 100 horas prácticas.

II Curso

PRIMER CUADRIMESTRE

  • Preparación para o emprego III – Proporcionar habilidades necesarias para un correcto desenvolvemento laboral. Aprender as pautas básicas da Prevención de Riscos Laborais.
  • Habilidades comunicativas II – Desenvolver un sistema comunicativo adecuado no entorno laboral. Diferenciar entre a comunicación laboral e persoal.
  • Desenvolvemento Persoal III – Desenvolver habilidades sociais no entorno persoal e laboral. Acompañar ao alumnado no tránsito á vida adulta.
  • Matemáticas III – Manexar os elementos e razoamentos lóxico-matemáticos para o emprego e a vida diaria.
  • Novas Tecnoloxías III – Perfeccionar o manexo das novas tecnoloxías orientadas ao mundo laboral. Manexo seguro e responsable de Internet e as redes sociais.

SEGUNDO CUADRIMESTRE

  • Preparación para o emprego IV – Reforzar os coñecementos previos de cara á incorporación ás prácticas nas empresas.
  • Habilidades comunicativas III – Desenvolver habilidades básicas para a adaptación a un entorno laboral novo. Potenciar a autocrítica e a admisión de propostas de mellora.
  • Desenvolvemento Persoal IV – Potenciar a iniciativa persoal, participación e toma de decisións.
  • Matemáticas IV – Aplicar os coñecementos adquiridos ao ámbito laboral. Resolución de problemas e nocións básicas de estatística.
  • Novas Tecnoloxías IV – Traballar ferramentas informáticas no ámbito laboral e a busca activa de emprego na rede.
  • Prospección de emprego – Analizar a experiencia laboral durante o periodo de prácticas e comparar o plan de mellora do primeiro curso coa experiencia actual. Traballar na busca activa de posibilidades de emprego e actualizar o curriculum vitae.

PRIMEIRAS EXPERIENCIAS LABORAIS

O alumnado que supere os contidos académicos do primeiro cuadrimestre, incorporaranse ás prácticas en empresas durante o segundo cuadrimestre. Estas estancias prácticas terán unha duración de 7 semanas, cunha dedicación de 25 horas semanais, realizando un total de 175 horas prácticas. En elas, o alumnado terá a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade cotidiá dun centro de traballo e ensaiar as competencias adquiridas.

Unha vez finalizados os dous cursos, realizarase unha avaliación final do alumnado e aquelas persoas que a superen, recibirán un diploma emitido pola Universidade da Coruña cos contidos desenvolvidos durante o programa e o número de horas cursadas.