O proxecto

users

Espazo Compartido é un programa promovido pola Universidade da Coruña de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, para a empregabilidade e a inclusión laboral de mocidade con discapacidade cognitiva.

book98

Trátase dun proxecto que nace coa pretensión de abrirlles o espazo universitario a colectivos que non poden acceder ás canles de formación ordinarias debido ás importantes barreiras de acceso do noso sistema educativo.

notebook24

Espazo Compartido é unha aposta decidida pola responsabilidade social universitaria, unha mostra do compromiso da Universidade da Coruña coa sociedade e co dereito a unha formación digna e en igualdade de condicións.