Primeiras Experiencias Laborais

Espazo Compartido concíbese como unha formación que abrangue dous cursos académicos, co reto de mellorar a empregabilidade e fomentar a inclusión laboral de mocidade con discapacidade cognitiva. As Primeiras Experiencias Laborais permiten aos alumnos ter unha experiencia profesional real en empresas.

Esta iniciativa persegue o obxectivo de que os alumnos completen a súa formación cunha preparación que aumente as posibilidades de que se incorporen no futuro a un posto de traballo normalizado, o que contribúe á súa autonomía e á construción el objetivo de que los alumnos completen su formación con una preparación que aumente las posibilidades de que se incorporen en el futuro a un puesto de trabajo normalizado, lo que contribuye a su autonomía y a la construcción de un proyecto de vida propio.

Obxectivos e vantaxes para as empresas

  • Fomentar e enriquecer as políticas de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), promovendo o acceso ao emprego das persoas con discapacidade, eliminando as barreiras sociais existentes entre persoas con e sen discapacidade, e combatendo activamente a súa discriminación.
  • Facilitar que a empresa coñeza mellor as capacidades e aptitudes dos traballadores con discapacidade. Son persoas produtivas.
  • Exemplificar coa acción a outras empresas (partners) que poidan sumarse a estas accións formativas no futuro. Aprender a relacionarse coa diversidade funcional de maneira inclusiva.
  • Participar nunha experiencia novidosa, que fomenta un clima laboral de tolerancia cara á diferenza e repercute na produtividade dos traballadores.
  • Sensibilizar coa diversidade a través da discapacidade cognitiva, para achegarse ao cumprimento do Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, para a inclusión laboral de persoas con discapacidade.

Obxectivos e vantaxes para os alumnos

  • Participar nun contorno de traballo ordinario como experiencia inclusiva para un futuro profesional, coa oportunidade real de experimentar o mundo laboral da man de profesionais da materia.
  • Poñer en práctica os coñecementos e habilidades adquiridos durante o curso, para asumir responsabilidades e hábitos laborais de xeito activo, tanto en equipo como individualmente.
  • Aprender de relacións sociais estritamente profesionais, contribuíndo a perfilar os seus proxectos laborais persoais, coñecendo de primeira man como funciona un centro de traballo.
  • Aumentar as taxas de actividade e de ocupación así como a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Perfil xenérico dos alumnos

Espazo Compartido conta nas súas aulas con alumnos discapacidade cognitiva con idades comprendidas entre 19 e 35 anos, cun factor común, que é a súa motivación por acceder ao mercado laboral e acadar unha maior autonomía na súa vida.

Os coñecementos técnicos que os estudantes manexan capacítaos para realizar tarefas auxiliares en diferentes postos laborais, como poden ser:

  • Tarefas administrativas de apoio, tanto en oficinas coma en departamentos de recepción.
  • Actividades de atención ao público, tanto en tendas coma en eventos. Información e derivación de clientes. Reposición de mercadorías en tenda ou almacén.
  • Apoio en tarefas de atención e acompañamento en xerontoloxía (centros de día) ou puericultura.
  • Apoio en labores de información e loxística en convencións, congresos e actividades culturais. Persoal auxiliar en eventos deportivos / centros sociais.
  • Labores de apoio en hoteis, restaurantes e comedores escolares / sociais. Preparación de sala, tarefas de limpeza e almacenaxe.

Son todas actividades que poden contribuír á mellora da produtividade da empresa ao tempo que se fai un importante labor social.

Contacto

As empresas interesadas en obter máis información sobre as Primeiras Experiencias Laborais poden poñerse en contacto con Espazo Compartido a través do correo electrónico programa.ecompartido@udc.es.
 
 Folleto en PDF